- A proba mixta considerarase fundamental na avaliación, polo que será necesario obter nela un mínimo do 40% da nota para computar coas outras actividades que se avalían.
- Estes criterios de avaliación corresponden tanto á primeira como a segunda oportunidade. Os mesmos criterios aplicaranse ao alumnado con dedicación parcial. De calquera xeito ao estudantado con dedicación parcial recoméndaselle que fale co coordenador da materia para informalo da súa situación.
- En caso de que haxa estudantes que opten pola convocatoria adiantada, o sistema de cualificacións será o mesmo. Neste caso as actividades do Obradoiro e Traballos tutelados deberán realizarse un mínimo de 21 días antes do exame de convocatoria adiantada.
- A orde que seguen os temas nesta guia docente pode ser modificado ao impartilo na aula, en función das necesidades docentes que poidan xurdir.
Algunhas observacións
xerais de avaliación, colocadas de maneira homoxénea co resto das guias docentes
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:
1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información.
2. Identificación do estudante: Ao estudante poderáselle pedir que acredite a súa personalidade segundo a normativa vixente.
B) TIPOS DE CALIFICACION:
1. Calificación de non presentado: Corresponde ao estudante cando só participe de actividades de avaliación que teñan una ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación conseguida.
2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
1. Primeira oportunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación indicados nesta sección.
2. Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación, polo tanto o exame final, considerado como Proba Mixta seguirá sendo o 50% da nota.
Para acadar o 100% da nota nesta segunda oportunidade o profesorado indicará que actividades de avaliación serán necesarias realizar.
O estudantado que queira optar a esta opción deberá ter en conta que a nota definitiva de avaliación continua será a que obteña nesta segunda oportunidade, perdendose o obtido durante a primeira.
3. Convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na convocatoria adiantada as actividades do Obradoiro e Traballos tutelados deberán realizarse un mínimo de 21 días antes do exame de convocatoria adiantada.
D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: as que figuran ao inicio destas observacions.
Ademais: en caso de realización de fraude (copiar, plaxio, ...) a persoa que o realice recibirá a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.