Solución de problemas |
Cuestións teóricas ou prácticas para resolver, que poderán plantexarse no contexto das sesións maxistrais, nos seminarios ou ben como traballo persoal do estudantado. Así mesmo, poderase requirir a entrega dos resultados da resolución dos problemas teóricos ou prácticos plantexados, tanto en soporte papel como dixital, a través da entrega directa, mediante a plataforma on-line, do correo electrónico ou de calquera outro sistema indicado polo profesorado. Poderán ser presenciais ou virtuais. |
Proba obxectiva |
Trátase dunha proba para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pode construirse cun só tipo dalgunha destas preguntas. Poderá incluír tanto preguntas de carácter teórico como práctico ou problemas. Poderase realizar online a través da plataforma Moodle ou de forma presencial. |
Prácticas a través de TIC |
O alumnado tratará de aplicar o uso das TIC para aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, baseadas en documentación escrita, audiovisual e de calquera índole, relacionada coa materia, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. Trátase de ampliar coñecementos e obter información para facilitar a aprendizaxe autónoma e o razoamento crítico. A plataforma Moodle será un vehículo importante para a aplicación desta metodoloxía. |
Seminario |
Clases en grupos reducidos de alumnos para análise detallada de problemas concretos do temario. Se realizarán de forma
virtual. |
Portafolios do alumno |
Espazo para que o alumnado recolla as evidencias do traballo realizado |