Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Grao en Economía |
Asignaturas |
Contabilidade |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Contabilidade | Código | 611G01020 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición, feita polos docentes, dos conceptos básicos necesarios para que os estudantes poidan buscar solución aos problemas contables tratados no programa. |
Discusión dirixida | Preparación dos temas formulados polo profesorado da materia e participación na discusión dos mesmos na aula. |
Obradoiro | Traballo individual e en grupo, guiado polo profesorado da materia, para a resolución, presentación e discusión de exercicios e casos prácticos. |
Prácticas a través de TIC | Utilización de software de contabilidade para a teneduría de libros e a preparación de estados financeiros, uso da folla de cálculo, tanto para o rexistro de transaccións, como para desenvolver a análise de estados financeiros e emprego de ferramentas de presentación para a defensa do traballo na aula. |
Presentación oral | Presentación na aula dun traballo realizado en equipo e seguindo as orientacións do equipo docente da materia. |
Proba mixta | Proba obxectiva, de ensaio ou unha combinación de ambas, a realizar na data prevista polo centro para o exame final. |
Proba práctica | Probas asociadas ao obradoiro e ás prácticas a través de TIC e deseñadas para avaliar o traballo realizado polos estudantes fóra da aula (resolución de exercicios e casos prácticos). |
Proba obxectiva | Proba intermedia de resposta múltiple orientada a avaliar os avances do alumnado coa materia. |
Eventos científicos e/ou divulgativos | De organizarse na FEE eventos tales como conferencias, coloquios, mesas redondas, ... de interese para os estudantes desta materia, indicaráselles que deben asistir ou visualizar o vídeo, de seren gravados. |
|