Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Grao en Economía |
Asignaturas |
Política Monetaria e Sistema Financeiro |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Política Monetaria e Sistema Financeiro | Código | 611G01024 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A3 B8 C1 | O exame final consistirá nunha única proba escrita de carácter teórico-práctico que permita avaliar o nivel de coñecemento do alumno sobre os contidos recollidos no programa e desenvolvidos nal aula A parte teórica do exame poderá incluir preguntas tipo test. Na parte práctica valorarase especialmente a capacidade de aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos prácticos. |
50 |
Proba de resposta múltiple | A2 A4 B1 B5 | Proba obxectiva na que se formulan cuestións en forma de pregunta directa, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida. Ao longo do curso faranse duas probas obxectivas tipo test. | 20 |
Traballos tutelados | A2 A3 A4 A5 A6 A7 A9 A10 A11 A12 A13 B2 B3 C1 | Actividades deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes. Está referida prioritariamente á aprendizaxe do “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. | 30 |
Observacións avaliación | |||
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 1. Condicións de realización dos exames: durante a realización dos exames está prohibido acceder á aula con dispositivos que permitan a comunicación co exterior e almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o esixa (e neste caso so poderá ursarse esta conexión co exterior e/our o almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser denegada a entrada á sala de exame con este tipo de dispositivos. Salvo aviso previo do contrario, tampouco está permitido o uso de calculadoras durante a realización das probas presenciais. 2. Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a sua personalidade conforme á normativa vixente. B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN Cualificación O alumnado que teña recoñecida a dedicación a tempo parcial ou con exención de asistencia seguriá o mesmo sistema de avaliación que o que está a tempo completo. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN Primeira oportunidade: na primeira oportunidade poderase engadir á cualificación final (avaliación continua+exame final) até un máximo dun punto extra vinculado á participación activa nas aulas e titorías da mesma Na proba mixta, que se realizará na convocatoria oficial (data do calendario oficial de primeira oportunidade, na resposta ás preguntas do bloque teórico que esixan desenvolver por escrito a resposta, valoraranse especialmente, además dos coñecementos, as capacidades de análise e síntese do alumno. Na parte práctica valoraranse especialmente a capacidade para aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos prácticos. A puntuación da proba establécese sobre un máximo de 4 puntos. Segunda Nota: o alumno/a que realiza a D) OUTRAS NORMAS DE AVALIACIÓN: - Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia: Esta situación deberá ser posta en coñecemento do profesor ao comezo do curso e acordarase un calendario compatible coa sua dedicación salvo no caso das probas finais. Neste caso, os criterios de avaliación rexerase pola realización dunha proba mixta cun peso do 100% sobre a nota. Nesta proba incluiranse preguntas teóricas e prácticas e o alumno terá que demostrar ter acadado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia. - Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |
|