Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Grao en Economía |
Asignaturas |
Investigación de Mercados |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Investigación de Mercados | Código | 611G01040 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de resposta múltiple | A8 A9 B1 B3 B6 B7 B8 B9 C1 C4 | O profesor da materia realizará unha proba tipo test de resposta múltiple, incluíndo preguntas relacionadas coa parte teórica da materia | 40 |
Estudo de casos | A1 A4 A5 A6 A7 A13 B2 B1 B3 B4 B5 C1 C2 C3 C5 C6 | Contémplase a realización de casos prácticos relacionados cos contidos teóricos da materia. Estes casos prácticos traballaranse en grupo. Deben ser presentados por escrito e expostos oralmente nas datas fixadas polos profesores. Serán avaliados tendo en conta a súa presentación oral, escrita, espírito crítico, creatividade e aplicación dos fundamentos teóricos. Neste sentido, a cualificación de cada un dos membros dun mesmo grupo de traballo poderá ser diferente. A entrega fóra de prazo, ou non presentar oralmente o proxecto nas datas fixadas conleva a valoración da práctica con 0 puntos. A asistencia a clase e a xornadas ou conferencias é obrigatoria (puntuará positivamente a participación activa na avaliación continua). |
60 |
Observacións avaliación | |||
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 1. Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o esixa (e neste caso so poderá usarse esta conexión co exterior e/ou o almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser denegada a entrada á sala de exame con este tipo de dispositivos. Salvo aviso previo do contrario, tampouco está permitido o uso de calculadoras durante la realización das probas presenciais. 2. Identificación do estudante: O estudante acreditará a súa personalidade de acordo coa normativa vigente. B) TIPOS DE CALIFICACIÓN: Cualificación de Non Presentado: Outorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida. O alumnado que teña recoñecida a dedicación a tempo parcial ou con exención de asistencia seguirán o mesmo sistema de avaliación que os que están a tempo completo. C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: Segunda Oportunidade: Os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade. O alumnado poderá recuperar o 100% da nota na segunda oportunidade. Para iso será necesario entregar e presentar oralmente o estudo de caso (nesta ocasión existe a posibilidade de que o alumno/a traballe de xeito individual) e realizar o exame. Convocatoria adiantada: No caso de que o alumnado solicitase a convocatoria adiantada, este será avaliado a través dunha proba de resposta múltiple (catro opcións), onde as preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia. A ponderación desta proba nesta convocatoria será dun 100%. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: D) OUTRAS NORMAS DE AVALIACIÓN: "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria". |
|