Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Asignaturas |
Análise Económico das Organizacións |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Análise Económico das Organizacións | Código | 611G02023 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba de resposta múltiple | A8 A11 B1 B2 | Examen tipo test, con penalización para as respostas incorrectas. | 60 |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A4 A6 A9 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C5 C6 C7 C8 | Actividade a realizar en grupo. Na presentación da asignatura, o profesorado explicará as actividades a realizar. A cualificacion desta actividade será do 20% e no caso de que non se poidese realizar a actividade de aprendizaxe-servizo a súa ponderación será do 40%. | 20 |
Aprendizaxe servizo | A9 B1 B3 B4 B7 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 | Actividade a realizar en grupo. Plantexarase os estudantes matriculados na materia a posibilidade de participar nunha actividade de aprendizaxe-servicio con algunha entidade colaboradora. | 20 |
Observacións avaliación | |||
A) CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO" E DE "SUSPENSO" POR SANCIÓNS DISCIPLINARIAS 1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno/a, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente da cualificación acadada. 2. Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese (artigo 11, apartado 4 b), do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC): o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. B) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN 1. Primeira oportunidade: A avaliación correspondente a primeira oportunidade farase a partires dunha proba de resposta múltiple (60%) e a presentación oral dos traballos (40%). No caso da proba de resposta múltiple, a data de realización será a fixada no calendario oficial para a primeira oportunidade. A presentación dos traballo realizarase durante o período lectivo do curso, de acordo co calendario fixado polo profesor para cada grupo. Para superar a asignatura haberá que acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global da avaliación, pero ademáis é condición sine qua non acadar 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a do examen. 2. Segunda oportunidade: No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo a avaliación farase do mesmo xeito que para a 1ª oportunidade, tendo en conta o seguiente: 1º) aqueles estudantes que supenderon na 1º oportunidade, as notas acadadas nos traballos de presentación oral serán tidas en conta; 2º) os estudantes que non se presentaron a 1ª oportunidade e non fixeron os traballos poderán facelo. Para isto, o estudante dirixirase ó profesor coa suficiente antelación para indicarlle o seu desexo de realizar o traballo, o cal deberá ser entregado e presentado antes da data do exame oficial da segunda oportunidade. Para aprobar, igual que na 1º oportunidade, necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global, pero ademáis é condición sine qua non acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a obtida en dita proba. 3. Convocatoria adiantada: Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada, a avaliación só se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 C) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. 2. Identificación do estudante: O estudante deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente. 3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e despensa académica de exención de asistencia:A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios de avaliación que os estudantes con dedicación a tempo completo. O principio do curso estes estudantes dirixiránse ó profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa situación particular para deste xeito posibilitar a realización das distintas actividades de avaliación do curso.
|
|