Os continuos cambios no comportamento dos mercados e dos seus consumidores obrigan ás organizacións a manter actualizados os seus procesos de información.
A crise económica introduce dificultades adicionais nos procesos de toma de decisións.
Ante este novo escenario, a investigación de mercado convértese nunha das disciplinas máis importantes dentro da función de marketing da empresa.
As empresas precisan coñecer os métodos e técnicas de obtención e tratamento da información.
O proceso de investigación de mercado é útil para apoiar a toma de decisións empresariais e, en xeral, para reducir o risco de calquera decisión empresarial.
Durante o curso describiranse os procesos de investigación, prestando especial atención á aplicación de técnicas cualitativas e cuantitativas. Así mesmo, analizaranse as tendencias do mercado a partir da análise da contorna /competitiva (CNMC), así como das novas ferramentas de mercadotecnia dixital.
Finalmente, e dado que a actividade de investigación de mercado implica o tratamento de datos persoais, resulta imprescindible analizar a normativa de protección de datos a partir da información facilitada pola AEPD.
As sesións terán unha parte teórica e de discusión -completada con documentos de traballo, norativa, webinars...- e unha parte práctica orientada ao desenvolvemento de casos prácticos e un proxecto de Investigación de Mercados que será presentado en público ao fin de curso.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías