Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Facenda Pública. Sistema Fiscal
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A4 A6 A9 A10 B2 B5 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 Resolución de casos ou supostos aplicados relacionados co contido da materia. 30
Solución de problemas A3 A4 A6 A9 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Resolución de exercicios prácticos, comentarios ou cuestionarios relacionados co contido da materia realizados na aula e posible participación activa na clase. 10
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 Consistirá nun exame escrito na que se poden utilizar preguntas de resposta múltiple e/ou ensaio e casos prácticos 60
 
Observacións avaliación

1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno ou alumna, cando participe en actividades de avaliación que teñan un peso inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

2. Segunda oportunidade e chamada anticipada:

   A) Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados.

   B) Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación:

      Proba mixta: 60% se se mantén a nota da avaliación continua da primeira oportunidade. Se non se quere manter ou non se realizou a avaliación continua, a nota do exame de segunda oportunidade será o 100% da nota final.

   C) Convocatoria anticipada: A avaliación realizarase mediante unha proba 100 % mixta

3. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia:

Salvo as datas aprobadas pola Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico compatible coa súa dedicación.

4. Respecto ás condicións de avaliación final: Queda prohibido acceder á aula de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

5. Identificación do alumno: O alumno/a deberá acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

 

Outras observacións da avaliación:

A cualificación da proba mixta só se sumará se a puntuación na mesma é igual ou superior a 2,5 puntos sobre 6,0.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes