Para o recoñecemento da calificación por asistencia a eventos, o Decanato facilitará unha relación de matriculados que deberá asinarse no acto celebrado. Aquel alumnado que non puidera asistir, por unha causa debidamente xustificada, deberá achegar os documentos que acrediten dita xustificación. A data límite para facelo será dunha semana a partires da celebración do evento.
O número de eventos non será superior a 12 nin inferior a 4, ao longo de todo o curso académico.
Para o cómputo da cualificación elixiranse aleatoriamente 4 das probas celebradas, tendo prioridade as presenciais. Cada unha das 4 probas seleccionadas puntuará 0,5 puntos, polo que a asistencia a todas elas garante unha calificación de 2 puntos, o que supón o 20% da nota máxima alcanzable.
Facilitarase a plena integración do estudantado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimentan dificultades para un acceso adecuado á vida universitaria.