Guía DocenteCurso Facultade de Dereito |
Máster Universitario en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial |
Asignaturas |
Dereito Tributario e Novas Tecnoloxías |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Dereito Tributario e Novas Tecnoloxías | Código | 612539007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Estudo de casos | A11 A12 A13 B1 B21 B22 C3 | Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. A puntuación correspondente a este apartado terá un peso mínimo na calificación final da asignatura, do 20% |
20 |
Proba obxectiva | B1 B21 B22 | Proba na que se busca responder a preguntas cortas, de resposta múltiple ou resolver supostos prácticos, o que permitirá valorar a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. -A avaliación da 2º oportunidade, seguirá os mesmos criterios. |
80 |
Observacións avaliación | |||
A cualificación final da materia obterase da suma dos puntos obtidos na avaliación continua e os puntos obtidos na proba obxectiva de final de cuadrimestre. 1º) Avaliación continua O profesorado avaliará o traballo realizado polos/as estudantes ao longo do cuadrimestre, dentro e fose da aula, cun mínimo de 2 puntos. Para iso, os/as estudantes deberán asistir a clase e deberán realizar as actividades encargadas polo profesorado nos prazos e coas condicións que se dispoñan. Para recibir os puntos de avaliación continua esixirase unha asistencia ao 80% das clases, salvo nos casos de estudantes a tempo parcial que obteñan dispensa académica*. 2º) Proba obxectiva (máximo 80%) A final de cuadrimestre, os/as estudantes deberán realizar unha proba obxectiva sobre os contidos explicados na aula e as lecturas entregadas polo profesorado. Para aprobar a materia é imprescindible aprobar esta proba. Os/as estudantes a tempo parcial con dispensa académica serán cualificados/as de acordo con os mesmos criterios de avaliación, coas seguintes particularidades: A asistencia mínima para estos alumnos esixida para recibir os puntos de avaliación continua será do 40%. O profesorado encargará actividades de avaliación continua complementarias, equivalentes en tempo de realización ao 40% da asistencia dispensada”. A realizacion fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificacion de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |
|