Observacións de avaliación:
1) Calificación de non
presentado: Corresponde ao alumno, cando só participen en actividades de
avaliación que teñan un peso inferior ao 20% da nota final, independentemente
da calificación acadada.
2) Segunda oportunidade e
convocatoria adiantada:
- Segunda oportunidade: As
condicións de avaliación da segunda oportunidade (artigo 18, apartado 5, das
Normasde Avaliación, Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de
Gradoe Mestrado) dictaminan que a segunda oportunidade deber garantir a
posibilidade de superación da materia polo estudante, polo que compre modificar
as porcentaxes de calificación respecto da primeira oportunidade. Así mesmo, a
actividade da segunda oportunidade consistirá nun único exame final que
representará o 100% da nota final e que se realizará na data do calendario
oficial. Alternativamente, na segunda oportunidade, o alumno poderá conservar
as cualificacións obtidas na avaliación continua da primeira oportunidade
(cunha ponderación do 30% na nota final) e, neste caso, o exame final da
segunda oportunidade representará a restante 70%.
- Oportunidade adiantada: As
condicións de avaliación da oportunidade adiantada (artigo 19 das Normas de
Avaliación,Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Grado e
Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será
avaliada por medio dunha proba obxectiva que representará o 100% da calificación
final.
3) Estudantes con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
Na primeira e segunda oportunidade, os criterios de avaliación rexiránse
dacordo á realización dunha proba obxectiva cun peso do 100% sobre a
calificación final. Consistirá nunha proba obxectiva na que se incluirán
cuestións teóricas e prácticas nas que os estudantes terán que demostrar ter
alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.
4) Sobre condicións de avaliación
final: Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que
permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.
5) Identificación do estudante: O
alumno deberá demostrar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
6) En caso de plaxio ou copiado na realización de cualquer proba, o estudante será excluido automáticamente da mesma, e toda a puntuación que houbese obtido en dita convocatoria ou oportunidade lle será eliminada. Por elo, si o estudante tivera algunha puntuación na proba práctica ou estudio de caso, esta lle sería anulada.
Outras observacións de avaliación sobre mínimos nos criterios de avaliación.
A) Non se require unha calificación mínima na parte da
avaliación continua.
B) Para a proba mixta é necesario obter un 50% da
calificación posible para poder superar a materia. Este requisito aplícase
tanto á 1ª como á 2ª oportunidade.
C) No conxunto, o estudante deberá
obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia, pero sempre
que na proba obxectiva acade un mínimo do 50% da puntuación da proba.
D) As clases
son presenciais e, polo tanto, a asistencia a clase é obrigatoria.