Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Dereito
 Subjects
  Jurisprudence
   Contents
Topic Sub-topic

Part one. Elements of legal analysis: the structure of the legal order
__________________________________________________
Topic 1. Phenomenological approach to the world of law. 1. Un mundo de suxeitos en relación: seres humanos, e outros. 2. Un mundo de cousas. 3. Un mundo de feitos. 4. Un mundo de accións e controversias. 5. Un mundo de normas. 6. Un mundo de normas que gardan entre si unha certa orde.
Topic 2. Introduction to the theory of legal norms 1. A natureza das normas. 1.1. Algúns usos e funcións da linguaxe. 1.2. Linguaxe e pensamento: proposicións e enunciados. 1.3. A norma como proposición ou enunciado prescriptivo. 1.4. A teoría da norma como mandato: o imperativismo clásico. Crítica. 1.4. Alternativas ao imperativismo. 1.4.1. A teoría das normas de von Wright. Clases de normas. 1.4.2. A teoría das normas de Hart: a) as normas como razóns para a acción; b) normas primarias e normas secundarias: a teoría da norma xurídica conduce á teoría do sistema xurídico; c) algúns problemas. 1.5. Conclusións sobre a natureza da norma xurídica. 2. A estrutura da norma xurídica. 2.1. A solución tradicional: suposto de feito e consecuencia xurídica. 2.2. Algúns corolarios: a) a necesidade de distinguir entre normas completas e incompletas; b) Os tipos de normas xurídicas incompletas. 2.3. Crítica do modelo tradicional. 3. Fenomenoloxía das normas xurídicas: normas, disposicións e corpos xurídicos. 4. A validez ou existencia das normas xurídicas: a fronteira entre a teoría da norma e a teoría da orde ou do sistema xurídico. 5. A dimensión espacio-temporal da validez das normas: a vixencia. 6. Outras nocións: eficacia, aplicabilidade.
Topic 3. Notions of legal order and legal system theory,
1. Caracterización xeral: ordenamento, Estado e sistema. 2. A vocación sistemática do ordenamento xurídico. Os caracteres tradicionalmente atribuídos aos ordenamentos xurídicos: unidade, coherencia, plenitude e independencia. Problemas que xorden actualmente. Que é un sistema xurídico. 3. Outra forma de caracterizar os sistemas xurídicos: reglas, principios e procedementos. 4. Normas primarias e normas secundarias, de Kelsen a Hart. 5. O problema da pertenza das normas a un sistema (identidade dos sistemas xurídicos). O sistema xurídico como sistema dinámico. 6. A validez das normas. 7. A validez no Dereito actual.
Topic 4. Notions of theory of sources of law and introduction to the Spanish system of sources. 1. Significados da expresión "fontes do Dereito". 2. Fontes formais e fontes materiais. 3. As fontes formais: aproximación teórica. 3.1. A lei. 3.2. O costume. 3.3. A xurisprudencia. Xurisprudencia e precedente. 3.4. A doutrina. 4. A evolución histórica das fontes do Dereito. 5. O sistema de fontes do Dereito no Dereito español.
5.1. As "fontes das fontes": o título preliminar do Código civil e a Constitución de 1978. 6.2. A Constitución. As sentenzas do Tribunal Constitucional. 5.3. A lei no noso ordenamento xurídico. O principio de legalidade. Normas con rango de lei. Os tratados internacionais. 5.4. As normas regulamentarias. 5.5. O costume no noso ordenamento xurídico. 5.6. Os principios xerais do Dereito. Concepto e funcións no noso ordenamento xurídico. 5.7. A xurisprudencia e a creación xudicial do Dereito. 5.8. Outras fontes do Dereito: en particular, os instrumentos nos que se plasman os actos da autonomía da vontade.
Topic 5. The person in law 1. A orde xurídica, orde humana: a persoa. 2. O concepto xurídico de persoa e a súa evolución: as modificacións recentes 3. Elementos para unha crítica do concepto xurídico de persoa. 4. A extensión da personalidade xurídica: capacidade xurídica e capacidade de obrar. 5. Outros suxeitos de dereito: a persoa xurídica.
Topic 6. The legal relationship
1. Concepto. 2. Presupostos. 3. Elementos. 4. Relación xurídica e situación xurídica. 5. Situacións xurídicas activas e pasivas.
Topic 7. The legal duty 1. Aproximación a partir do uso lingüístico. "Ter o deber de" e "verse obrigado a". 2. Deber xurídico e deber moral. 3. Características do deber xurídico. 4. As garantías do deber xurídico. 5. Límites do deber xurídico.
Topic 8. Legal rights 1. Idea xeral. Aproximación desde o uso lingüístico e desde as clasificacións científicas máis estendidas. 2. Dereito subxectivo e deber xurídico. 3. Estrutura do dereito subxectivo. 3. Dimensión dinámica do dereito subxectivo. Condicións de exercicio, extensión e límites. 4. Recapitulación: os deberes xurídicos son concretos e determinados, os dereitos subxectivos formulados legalmente, porén, son construcións abstractas. 6. Outras situacións de poder xurídico: as potestades.
Topic 9. Facts and Actions in Law 1. Actos e feitos. 1.1. Feitos e feitos xurídicos. 1.2. Os actos xurídicos. 2. A violación da orde xurídica. 2.1. O acto ilícito. Ilícitos típicos e ilícitos atípicos. 2.2. A responsabilidade. 2.3. A sanción. Concepto e clases.
Topic 10. Approach to adjudication 1. Os problemas da linguaxe das normas e a necesidade da interpretación. Noción e tipos. 2. Interpretación e aplicación. A aplicación do dereito e a resolución de controversias como actividade complexa: subsunción e decisión. 3. A xustificación das decisións xudiciais. A tarefa creativa dos xuíces.
Part two. Towards a global understanding: law as social practice __________________________________________________
Topic 11. The Law as an instrument for social life. 1. A orde social. 2. A orde social non é unha orde espontánea: funcións do Dereito en relación coa orde social. 3. Dereito, Estado e poder. 3.1. A comunidade política como creadora e conservadora da orde xurídica. 3.2. O Dereito como factor de organización, lexitimación e conservación da comunidade política.
Topic 12. The law as a set of binding materials for the resolution of conflicts. 1. O Dereito non é só o sistema de normas que se deriva ou extrae do sistema de fontes. 2. A técnica xurídica. 3. O elemento ideal: os valores. Valores xurídicos. 4. A interrelación entre o elemento ideal, a técnica e os preceptos.
Topic 13. Purposes of law and legal values 1. A xustiza. 1.1. Aproximación á noción de xustiza. Xustiza material e xustiza formal. 1.2. Principais proxeccións da xustiza. 2. A seguridade. 2.1. A seguridade como condición e esixencia da vida humana. 2.2. A seguridade xurídica, cualidade do Dereito que introduce certeza e orde. 2.3. Principais proxeccións e limitacións da seguridade xurídica. 3. Relacións entre xustiza e seguridade.
Topic 14. Forms of legal activity. 1. A produción de normas: en particular, a lexislación. 2. O tráfico xurídico. 3. A adxudicación. 3. Relación entre as actividades anteriores e o Dereito como conxunto de materiais vinculantes.
Topic 15. In short, what is the law? Law as a social practice.
1. A unificación dos sentidos de "Dereito".
2. Proposta dunha definición descritiva do Dereito.
3. Carácteres do Dereito como práctica social: 3.1. Carácter institucional. 3.2. Normatividade. 3.3. Coactividade. 3.4. Pretensión de comprehensividade e pretensión de supremacía.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes