Guía DocenteCurso Facultade de Dereito |
Grao en Dereito |
Asignaturas |
Actuación e bens das administracións públicas |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Actuación e bens das administracións públicas | Código | 612G01017 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
1º e 2º Ciclo | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas clínicas | A3 A4 A13 A15 B12 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C3 C5 C6 C7 C8 | As actividades específicas ou practicas desenvolvidas ao longo do cuadrimestre nos grupos reducidos terán un valor máximo do 60% da cualificación final. Os/as profesores/as dos correspondentes grupos poderán outorgarlles caracter liberatorio a algunha destas actividades específicas ou prácticas. No caso dos grupos da mañá e tarde de grao en Dereito, para superar a materia polo sistema de avaliación continua é imprescindible asistir ao 80% das clases interactivas e obter unha cualificación media nas avaliacións das prácticas de aprobado (30 puntos sobre 60). No grupo da simultaneidade Dereito-Ade, as actividades prácticas dos grupos reducidos terán un valor do 50% da cualificación final. |
60 |
Proba obxectiva | A1 A7 | Ao longo do curso poden realizarse unha ou varias probas obxectivas. Unha destas probas realizarase na data que determine o calendario oficial de exames en xuño e en xullo. En cada proba estableceranse previa e claramente os criterios para obter as cualificacións e, no seu caso, para liberar unha materia. No caso dos grupos da mañá e tarde de grao en Dereito, para superar a materia, será preciso sacar un mínimo de aprobado na proba obxectiva (20 puntos sobre 40). No grupo da simultaneidade Dereito-Ade, o exame consistirá nunha proba obxectiva de 40 preguntas tipo test e un caso práctico, que terá un valor do 40% da nota final. Será necesario resolver correctamente 22 preguntas do test para poder sumar a cualificación do exame á das actividades prácticas. |
40 |
Observacións avaliación | |||
1) Na segunda oportunidade conservarase con carácter xeral a cualificación da avaliación continua obtida na primeira oportunidade, salvo que o estudante opte por mellorar a súa cualificación mediante a realización de actividades prácticas. 2) Os alumnos que non sigan o sistema de avaliación continua, é dicir, que 3) O profesorado responsable de cada grupo poderá establecer adaptacións específicas -consistentes en potenciar metodoloxías docentes non presenciais- no caso do estudantado que tivera concedida unha dispensa de asistencia a clase. 4) O plaxio na realización de actividades ou probas determinará a cualificación de suspenso nas mesmas, sen prexuízo doutras responsabilidades que se deriven da aplicación da normativa académica da UDC. |
|