Arbitraranse medidas para a avaliación das personas matriculadas a
tempo parcial que obteñan a dispensa académica; estes estudantes deben
poñerse en contacto cos profesores da materia ao comezo do curso
Os alumnos que non superen a asignatura na primeira convocatoria terán una segunda oportunidade na que serán avaliados a partir do traballo de investigación (100% da nota). O mesmo que na convocatoria asiantada de novembro/decembro.
A entrega do traballo farase o día do exame oficial.
En caso de incompatibilidade horaria por razóns laborais ou outras, debe comunicarse aos profesores que arbitrarán medidas axustadas, o sistema de evaluación será semellante ao dos alumnos con dispensa académica.
Calquera falta de honradez académica (plaxio, á dicir, utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Aplicarase o programa Turnitin.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de
medidas ao apoio á diversidade. De ser o caso, deberán contactar cos
servizos disponíbeis na UDC/no centro nos prazos oficiais estipulados de
maneira previa a cada cuatrimestre, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); o coa titora ADI da Fac. de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).