Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
O alumnado terá de entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado.
Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación.
Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas de outros/as autores/as sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames, ou outras formas) penalizarase de acordo co estabelecido na normativa académica. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio.
As persoas que obtiveren dispensa académica deberán poñerse en contacto coa profesora, e terán condicións especiais de avaliación: traballo tutelado (70%), presentación oral (30%). As persoas con matrícula parcial deberán poñerse en contacto coa profesora ao comezo do curso por se for preciso establecer condicións especiais de avaliación; de ser este o caso, aplicaríanse as mesmas que para as persoas con dispensa académica.
A materia poderá ser adaptada ao
estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á
diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI), coa que se deberá contactar nos prazos estabelecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal)
A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a non realizar o traballo tutelado.
As persoas que non superaren a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, o traballo tutelado (70%) e realizar unha breve exposición oral do mesmo (30%). Este sistema de avaliación será o aplicado tamén na convocatoria adiantada de decembro.