Traballos tutelados |
O alumnado realizará individualmente un traballo de investigación -orixinal, rigoroso e de extensión limitada-, que focará ora un texto posdramático, ora a análise dalgún aspecto concreto dun espectáculo non aristotélico, ora un discurso alternativo ao patriarcal desde os palcos, ora as relacións da literatura co audiovisual, ora a análise narratolóxica dun produto dese medio. Nas primeiras sesións serán determinadas tanto a data de comunicación do tema e ponderación co profesor e os compañeiros das estratexias de elaboración -nun espazo de traballo colaborativo en liña-, como a de incorporación ao espazo virtual colaborativo da versión definitiva. |
Lecturas |
Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a elaboración do traballo. |
Presentación oral |
Destinaranse as sesións presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos individuais tutelados, dedicando uns minutos ás preguntas e retroalimentación dos mesmos por parte dos compañeiros. |
Proba mixta |
A proba mixta desenvolverase como discusión dirixidas. As sesións presenciais consistirán principalmente na realización síncrona destas discusións, tuteladas polo docente, en que o alumnado deberá participar activamente.
Previamente, as/os estudantes terán que preparar as discusións mediante a lectura dos artigos especializados indicados con suficiente antelación. Tamén se realizarán discusións dirixidas asíncronas, através do espazo de traballo colaborativo en liña. |