Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016) |
Asignaturas |
Tradicións Literarias e Culturais |
Metodoloxías |
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Tradicións Literarias e Culturais | Código | 613584110 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Aprendizaxe colaborativa | Reservarase unha parte das sesións presenciais para o debate de cuestións concretas relativas aos contidos previamente expostos. Asimesmo, proporase ós estudantes a preparación previa de certos aspectos que serán tratados en sesións posteriores, efectuando, por exemplo, procura de información sobre un tema dado. Estas actividades terán unha dinámica de traballo en grupo. |
Traballos tutelados | Os estudantes elaborarán un traballo, coa orientación do profesor e sobre un tema acordado previamente. O traballo estará centrado en algún aspecto da elaboración, transmisión e recepción dun tema da tradición cultural ou literaria, preferentemente dentro do dominio cultural hispánico. |
Lecturas | A instancia do profesor, os estudantes realizarán por conta propia a lectura de fontes bibliográficas, que poderán estar referidas ben a aspectos xerais da materia ou ben ao tema do traballo tutelado. Unha parte destas lecturas constituirán a base para levar a cabo sesións de debate en aulas presenciais. Outra parte terá carácter complementario e poderá ser realizada durante o período que media entre o fin das aulas presenciais e o prazo establecido para a avaliación. |
Sesión maxistral | O profesor destinará as sesións maxistrais a expor oralmente os contidos dos temas e subtemas. Empregará instrumentos auxiliares como textos, documentos gráficos ou sonoros, remisión a páxinas web ou guions en formato power-point. A exposición razoada estará aberta ao debate e á aclaración de dúbidas plantexadas polos estudantes. |
|