Os estudantes que se matriculen na modalidade de dispensa académica concertarán ao inicio do cuatrimestre -e sempre antes do inicio do período de clases- unha titoría presencial co profesor para establecer un calendario de actividades e de titorías que permitan seguir o cumprimento dos obxectivos da aprendizaxe. A avaliación realizaráse en función únicamente das metodoloxías 2: Traballos tutelados (65%) e 3: Lecturas (35%). Neste caso as lecturas terán carácter específico, á marxe dos traballos tutelados.
Os criterios para a avaliación en segunda oportunidade serán os mesmos que os aplicados á primeira en canto ao traballo tutelado, é decir, o 50 % da nota final. As cualificacións obtidas nas restantes metodoloxías serán compensadas na segunda oportunidade cun traballo específico sobre lecturas asignadas explícitamente polo profesor para tal fin, é decir, para compensar o 50 % restante da calificación.
No caso de detectarse plaxio ou deshonestidade académica por parte dun estudante, este será cualificado cun suspenso (nota numérica de 0,0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para cumprir coa normativa vixente da UDC, poderase modificar a acta da súa cualificación na primeira oportunidade cando isto fose necesario.
Na convocatoria adiantada de decembro será aplicado o mesmo sistema de avaliación indicado para o alumnado con dispensa académica.
Será considerado NON PRESENTADO o alumno que non presente o traballo tutelado, que deberá ser entregado presencialmente durante unha tutoría na data establecida polo profesor. O tema do traballo deberá ser acordado previamente tamén co profesor nunha titoría específica para tal fin.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade conforme ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).