Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Subjects
  Literature, Memory and History
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A1 A3 A4 A10 A9 A12 B4 B5 B6 B8 B2 B10 C1 C4 C7 C5 C6 O traballo tutelado tratará sobre algúns dos puntos do programa ou sobre algunha das obras de lectura. A extensión e as restantes características deste traballo serán acordadas na aula.
60
Document analysis A1 A4 A10 B4 B7 A participación activa nesta actividade será avaliada e sumada á nota final. 20
Workbook A1 A3 A4 A5 A6 A10 A12 B5 B7 B8 C1 C2 C3 C4 C7 C5 C6 As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado na aula e no encontro científico. 20
 
Assessment comments

1. OPORTUNIDADE DE XULLO

Deberán ser presentadas/realizadas as actividades avaliábeis non superadas ou non presentadas anteriormente de acordo coas indicacións específicas que o profesorado dará logo de concluído o período de avaliación da primeira oportunidade.

2. NON PRESENTADO

Será considerado NON PRESENTADO/A o/a alumno que non presente o traballo titorizado.

3. DISPENSA ACADÉMICA

Quen teña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación:

1. Traballo tutelado (70%).

2. Proba mixta (para avaliar lecturas e análise de textos) (30%)

 

4. ALUMNADO CON INCOMPATIBILIDADE HORARIA POR RAZÓNS LABORAIS OU DOUTRO TIPO

O alumnado con dificultades para asistir ás sesións presenciais deberá comunicalo á profesora na primeira semana do mes de febreiro. Unha vez comprobada a súa situación, poderá optar ás mesmas condicións de avaliación que o alumnado con dispensa académica. 

 

5. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO

O sistema de avaliación será o mesmo que para as persoas con dispensa académica. O/A estudante deberá pórse en contacto co profesorado con antecedencia suficiente.

6. IMPLICACIÓNS DO PLAXIO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará un non presentado nesta oportunidade.

7. INDICACIÓNS XERAIS

As datas e condicións específicas de cada elemento da avaliación serán estabelecidas no inicio do período de aulas. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes