Guest lecture / keynote speech |
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dos traballos e exercicios a desenvolver polo estudante. Son 5 horas presenciais.
O curso iniciarase cunha sesión presencial en que o profesor describirá os contidos, a planificación, a metodoloxía docente e o sistema de avaliación da materia e resolverá todas as dúbidas que lle formule o alumnado en relación con estas cuestións. |
ICT practicals |
Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvolveranse con equipamento especializado nunha aula informática. As actividades, prácticas e exercicios suman 24 horas: 7 horas presenciais e 17 non presenciais. |
Supervised projects |
Cada estudante, de maneira individual ou en grupo, elaborará un documento sobre a temática da materia ou preparará un seminario en que se expoñerán e debaterán as investigacións e lecturas levadas a cabo. Son 20 horas de traballo fóra da aula máis 1 hora na aula. |