Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013) |
Asignaturas |
Análise da conversa aplicada |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Análise da conversa aplicada | Código | 613836014 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | A3 A5 A6 A7 B1 B2 B4 C8 | O traballo tutelado exporase na clase ante os compañeiros o derradeiro día de clase. Valorarase a soltura na exposición, o tratamento do tema, a adecuación á situación e ó tempo, a estrutura do discurso, a utilización de axudas técnicas, entre outros aspectos. | 20 |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B10 C1 C4 C6 C7 | Consistirá nun traballo individual no que se aplicarán os contidos estudados na materia. A información detallada sobre o contido e as características formais explicaranse na clase e exporanse no Campus Virtual. Valorarase a elección do tema, o tratamento, a súa aplicación, a base teórica, a redacción e o estilo adecuados, entre outros aspectos. A data límite de entrega será o 25 de abril. |
50 |
Estudo de casos | A1 A2 A3 A5 A7 B2 B3 B4 B10 C8 | Neste apartado inclúense os exercícios prácticos, resumos e comentarios sobre as lecturas propostas, comentarios e análises de discursos conversacionais, etc. Corrixiranse e avaliaranse en cada sesión. Con todo, cando a profesora requírao entregaranse a través do Campus Virtual para a súa avaliación | 30 |
Observacións avaliación | |||
1. Terán a calificación de "Non presentado" os alumnos que non realizaren o traballo tutelado. 2. Na segunda oportunidade a avaliación consistirá nun traballo tutelado (50 %) e outras actividades como as incluídas no apartado "Estudo de casos" (50 %). Gardarase a nota das actividades comprendidas en "Estudo de casos" no seu conxunto, ou do traballo tutelado que xa foron aprobados na primeira oportunidade. A data límite de entrega é o 28 de xuño. 3. Na convocatoria adiantada de decembro a avaliación consistirá nuna actividade teórico-práctica proposta con antelación pola profesora. 4. Calquera falta de honradez académica (plaxio, á dicir, utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón da ferramenta "Turnitin" para a detección do plaxio. 5. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal). 6. Os traballos e restantes actividades entregadas fora da data establecida se penalizarán con un 50% da nota. Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os seguintes: -Traballo tutelado (50 %): coas mesmas características que para o resto dos alumnado. -Outras actividades (50 %): proporanse específicamente para estes alumnos nun apartado especial para eles no Campus Virtual. Consistirán en resumos, e actividades a partir de lecturas, e outras iguais ou semellantes ás realizadas polo resto dos alumnos. As titorías concertaranse por correo electrónico e realizaranse en horas adecuadas tanto para o alumno como para a profesora. Estes alumnos deben estar especialmente pendentes da comunicación a través do Campus Virtual e do correo electrónico. |
|