Entrega semanal das distintas actividades. Dado que a avaliación contínua é o método de avaliación que se seguirá, os/as estudantes deberán realizar cada semana unha actividade avaliable (traballo tutelado, solución de problemas, etc.).
Cualificación de Non Presentado. Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) solo aquelas persoas que entreguen ou realicen menos de tres actividades avaliables (traballos tutelados, presentación oral e solución de problemas).
Segunda oportunidade (xullo). Aqueles estudiantes que non teñan superado a materia e teñan asistido regularmente ás aulas e realizado un 60% das actividades propostas, terán que repetir únicamente aquelas actividades ou probas non superadas. Nos casos restantes, serán avaliados pola realización dos traballos tutelados propostos polo/a profesor/a (100% da cualificación).
Estudantes con dispensa académica recoñecida. A puntuación alcanzada nos traballos supoñerá o 100 % da nota final, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Plaxio. A realización fraudulenta das actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á segunda oportunidade.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precisar da adopçión de medidas encamiñadas ao apoio à diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada con a saúde mental). De ser o caso, deberán contatar coa os serviços disponíveis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estabelecidos de maneira prévia a cada cuadrimestre académico, com a Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defeito, com a Tutoria ADI da Faculdade de Filologia (no seguinte endereço eletrónico: pat.filoloxia@udc.gal).