Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Técnicas de Tradución
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Na primeira sesión realizaranse varias actividades relacionadas coas linguas e a tradución. Estas probas axudarán ao profesorado a determinar a competencia e os intereses dos estudantes en relación coa materia.
Sesión maxistral Comezarase cada tema cunha exposición oral dos conceptos teóricos máis relevantes e as súas posibilidades de aplicación á práctica.
Obradoiro Nos grupos interactivos o alumnado realizará actividades diversas (prácticas guiadas e libres de tradución, individuais e en grupo, exposicións, debates, solución de problemas etc.) baixo a supervisión do profesorado.
Lecturas Lecturas relacionadas coa tradución.
Proba práctica Traballos dirixidos polo profesorado dun xeito individualizado, ou prácticas de tradución.
Proba mixta Haberá unha proba final na data oficial en xuño. Nela avaliarase a competencia de cada estudante na tradución.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes