Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. Farase media entre as distintas partes cando o estudante acade un 4 na proba mixta e nas probas de ensaio.
Só serán aceptadas as actividades e probas de ensaio realizadas e entregadas nas datas previstas, seguindo as normas que se precisarán en cada caso.
Dase por suposta a asistencia ás aulas, que é obrigatoria. Aquel estudante que conte con dispensa de asistencia recoñecida será avaliado mediante a proba mixta (50%) e as probas de ensaio (50%); debe poñerse en contacto cos docentes ao inicio do curso para establecer o mecanismo de seguimento da súa actividade.
Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro). Así a valoración estará composta polo 50% das "probas de ensaio" e o 50% da "Proba mixta". Asemade, a realización das probas de ensaio terá lugar o mesmo día da proba mixta, unha vez entregada esta (de ser preciso, farase un receso de media hora).
Considerarase como “non presentado” o alumno que non participe nas probas de ensaio durante o curso ou que non realice a proba mixta Se considerará como “no presentado” al alumno que no participe en las pruebas de ensayo durante el curso o que no realice la prueba mixta o día fixado oficialmente (só en casos debidamente xustificados poderá realizar estes exercicios en datas distintas ás establecidas).
A expresión do estudante nas distintas probas, exercicios e actividades levadas a cabo debe ser a que corresponde ao nivel da titulación (tomarase en conta, polo tanto, a corrección ortográfica e gramatical, mais tamén a capacidade de estruturar as ideas e elaborar a exposición). No caso de que a expresión dos exercicios e traballos realizados fóra da aula non garde relación coa das probas e exercicios que o estudante realiza en clase baixo o control dos profesores, para avaliar a expresión servirán como referencia os escritos que aquel elaborou sen axuda externa.
Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou ideas doutros autores sin indicar a procedencia, copiar traballos, copiar nos exames, ou outras formas) se penalizará acordo con o indicado na normativa académica. Cumpre sinalar que a Xunta de Facultade aprobou o uso da aplicación "Turnitin" por parte do profesorado, ferramenta que permite detectar o plaxio. Pode reconocer traballos presentados nesta ou noutras universidades, asi como porcións de textos procedentes doutros textos e sinalar a sua procedencia.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).