Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Spanish Literature in the Golden Age 2
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A1 A2 A5 A9 A10 A11 A15 A17 B1 B2 B3 B4 B6 B7 C1 C6 A asistencia e a participación activa do alumnado nas sesións interactivas de aprendizaxe colaborativa e obradoiro será controlada e avaliada de xeito continuado. A avaliación consistirá na realización de dous comentarios literarios de textos prosísticos por valor de 20% cada un (20% + 20%), sumando estes dous exercicios o 40% do total das probas avaliables. As probas terán lugar en horario lectivo nas datas que se indicarán no cronograma da materia.

40
Mixed objective/subjective test A1 A9 A11 A17 C1 C6 Consistirá nunha proba teórica e práctica que medirá o aproveitamento da materia por parte do estudante. Os criterios de avaliación serán: adecuación da resposta á pregunta formulada, estrutiuración do discurso, corrección léxica, ortográfica e gramatical.
Para superar a materia, a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
60
 
Assessment comments

Non se poderá aprobar a materia sen ter unha calificación
mínima de 5 sobre 10 en la prueba mixta.

MOI IMPORTANTE: o alumno será avaliado e calificado
sempre que se presente á proba mixta. Recibirá a calificación de "NON
PRESENTADO" cando non se presente ao exame.

Na segunda oportunidade (xullo) os estudantes que
suspenderen deberán repetir a proba mixta no lugar e horas fixados polo
Centro; o valor da proba mixta na segunda oportunidade será de 100%.

Os alumnos que teñan recoñecida a dispensa realizarán
as seguintes probas: proba mixta (60%) e traballo tutelado (40%). Se abitrarán
de acuerdo co alumno todas as medidas de atención necesarias.

Na convocatoria adiantada a avaliación consistirá
nunha proba mixta por valor do 100%.

Calquera forma de plaxio, tanto na proba como nos
exercicios suporá o suspenso (nota numérica 0) para o conxunto da materia na
convocatoria que corresponda (Regulamento disciplinar do estudantado, art. 11,
apartado 4b). O control farase mediante o programa de detección de plaxios
Turnitin, autorizado pola Xunta de Facultade.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise
da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade. De ser o caso,
deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos
oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa
Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI
da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico:
pat.filoloxia@udc.gal).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes