Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Cuestións de Historia da Lingua Española |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Cuestións de Historia da Lingua Española | Código | 613G01043 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A5 A9 A10 A11 A15 A21 A22 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C6 C7 C8 | Exercicios teórico-prácticos que se desenvolverán tanto na aula como fóra dela. | 60 |
Traballos tutelados | A3 A5 A9 A10 A11 A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B10 C1 C3 C6 C7 C8 | O alumno realizará un traballo tutelado, que se valorará tomando en consideración o rigor científico, a corrección lingüística e a presentación. | 40 |
Observacións avaliación | |||
Na avaliación desta materia tomaranse en consideración os exercicios do obradoiro (60 %) e o traballo tutelado (40 %). As actividades entregaranse a través del Campus Virtual dentro do prazo fixado. A entrega das actividades fóra de prazo penalizarase un 50 % da nota correspondente. Para superar a materia, debe alcanzarse unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10. Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, coherencia, etc.); no caso de producirse deficiencias deste tipo serán penalizadas na cualificación. Calquera falta de honradez académica (plaxio, á dicir, utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón da ferramenta "Turnitin" para a detección do plaxio. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal). CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP) A cualificación de "Non presentado" será asignada cando o alumno non entregue o traballo tutelado, aínda que realizara o resto de actividades. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro. SEGUNDA OPORTUNIDADE Os alumnos que non superen a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os exercicios do obradoiro (60%) e o traballo tutelado (40%), que poderán consistir nunha nova versión dos que presentasen en primeira instancia e non acadaran un nivel suficiente. Gardaranse as cualificacións iguais ou superiores a 5 obtidas na primeira oportunidade. ALUMNOS CON DISPENSA ACADÉMICA Os procedementos e as porcentaxes serán os mesmos que para o resto dos alumnos nas dúas oportunidades. Entregarán as actividades a través do Campus Virtual e concertarán as titorías por correo electrónico. |
|