Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Aspects of the History of the Spanish Language
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workshop A5 A9 A10 A11 A15 A21 A22 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C6 C7 C8 Exercicios teórico-prácticos que se desenvolverán tanto na aula como fóra dela. 60
Supervised projects A3 A5 A9 A10 A11 A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B10 C1 C3 C6 C7 C8 O alumno realizará un traballo tutelado, que se valorará tomando en consideración o rigor científico, a corrección lingüística e a presentación. 40
 
Assessment comments

Na avaliación desta materia tomaranse en consideración os exercicios do obradoiro (60 %) e o traballo tutelado (40 %).

As actividades entregaranse a través del Campus Virtual dentro do prazo fixado. A entrega das actividades fóra de prazo penalizarase un 50 % da nota correspondente.

Para superar a materia, debe alcanzarse unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10. Todas as actividades e probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, coherencia, etc.); no caso de producirse deficiencias deste tipo serán penalizadas na cualificación.

Calquera falta de honradez académica (plaxio, á dicir, utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón da ferramenta "Turnitin" para a detección do plaxio.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).

CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO (NP)

A cualificación de "Non presentado" será asignada cando o alumno non entregue o traballo tutelado, aínda que realizara o resto de actividades. Estas mesmas condicións serán aplicadas na convocatoria adiantada de decembro.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Os alumnos que non superen a materia deberán entregar, na data marcada pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os exercicios do obradoiro (60%) e o traballo tutelado (40%), que poderán consistir nunha nova versión dos que presentasen en primeira instancia e non acadaran un nivel suficiente. Gardaranse as cualificacións iguais ou superiores a 5 obtidas na primeira oportunidade.

ALUMNOS CON DISPENSA ACADÉMICA

Os procedementos e as porcentaxes serán os mesmos que para o resto dos alumnos nas dúas oportunidades. Entregarán as actividades a través do Campus Virtual e concertarán as titorías por correo electrónico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes