Todos os
estudantes deberán participar obrigatoria e activamente nas clases presenciais,
xa que se conciben como un recurso co que fomentar a súa implicación na
adquisición e asimilación dos contidos.
- Para SUPERAR A MATERIA os alumnos deberán reunir as siguientes condicións:
1º. A nota mínima en cada un dos siguientes apartados "proba oral ", "portafolio do alumno" e "seminario" terá que ser un 40%. A media distos apartados ten que acadar os 5 puntos sobre 10 para facer media coa proba obxetiva (= exame escrito).
2º. É obrigatorio acadar un 50% na proba obxetiva para facer media cos apartados mencioados no apartado anterior.
- Entrega de traballos
Non se aceptarán traballos entregados fora de prazo se non está debidamente xustificado.
Os traballos con evidencia de plaxio recibirán un 0. Usaranse programas específicos para detectalo.
- Calificación de NON PRESENTADO
Para obter a calificación de NON PRESENTADO (NP) os alumnos NON poden haber realizado a PROBA MIXTA (= examen final), nin a proba oral, nin haber entregado máis do 50% dos exercicios de evaluación continua.
- 2ª Oportunidade
Aqueles estudantes que aprobaron algunha das partes da materia, ben sexa o exame escrito, o exame oral ou as actividades de avaliación continua na primeira oportunidade, terán a oportunidade de mantelas na segunda oportunidade. Os estudantes terán que repetir aquelas seccións nas que no obtiveron una nota mínima para facer media coas outras partes da materia ou non as realizaron.
-Isto é válido ÚNICAMENTE para as dúas convocatorias do ano en curso.
- Dispensa Académica
O alumno que teña dispensa académica recoñecida será evaluado seguindo as mesmas indicaciones que figuran no apartado da oportunidade de xullo.
O alumno terá que poñerse en contacto co profesor tan pronto como teña concedida a dispensa.
- Os alumnos da oportunidade adiantada terán que realizar un exame escrito (70%) e unha proba oral (30%)
Honradez académica
Lembrase ao alumnado que o uso de calquera axuda ou dispositivo no examen final está totalmente prohibida, e no caso de utilizar calquera soporte no permitido quedará automáticamente suspenso, independentemente da nota do examen e outras probas. Calquera falta de honradez académica (plaxio,copiar en exames, etc.) penalizarase de acordo co establecido no artigo 14 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación dás cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario”.
Atención á diversidade
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (
https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).
Regulamento disciplinar do estudantado da UDC Artigo 11, apartado 4 b)
Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Perspectiva de xénero
-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.