Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Galician Language and Oral Communication
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Workshop Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse prácticas de prosodia, ortoepía, fonética sintáctica e rendibilidade expresiva, análise de textos orais de carácter dialectal, comentario fonético de textos de tipoloxía variada, prácticas de transcrición fonética e fonolóxica, resolución de problemas, discusións didrixidas e estudos de casos.
Workbook Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas e, eventualemente, fornecidas polo profesor.
Supervised projects Cada estudante deberá elaborar dous traballos prácticos relacionados coa oralidade, con que se pretende fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fones documentais de diverso tipo.
O primeiro, escrito, consistirá na análise -transcrición fonética incluída- do modelo oral dun fragmento extraído dos medios de comunicación ou das redes sociais e a achega de melloras desa oralidade. O segundo, oral, consistirá na incorporación ao campus virtual dunha gravación en que a/o estudante declame un fragmento poético fuxindo dos modelos de dicción do verso español, segundo o traballado no obradoiro.
Do primeiro traballo derivará unha presentación oral.
Oral presentation Cada estudante realizará unha presentación oral presencial do priimeiro dos traballos tutelados ao conxunto do grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes