Workshop |
Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia. Entre estas actividades contémplanse prácticas de prosodia, ortoepía, fonética sintáctica e rendibilidade expresiva, análise de textos orais de carácter dialectal, comentario fonético de textos de tipoloxía variada, prácticas de transcrición fonética e fonolóxica, resolución de problemas, discusións didrixidas e estudos de casos. |
Supervised projects |
Cada estudante deberá elaborar dous traballos prácticos relacionados coa oralidade, con que se pretende fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fones documentais de diverso tipo.
O primeiro, escrito, consistirá na análise -transcrición fonética incluída- do modelo oral dun fragmento extraído dos medios de comunicación ou das redes sociais e a achega de melloras desa oralidade. O segundo, oral, consistirá na incorporación ao campus virtual dunha gravación en que a/o estudante declame un fragmento poético fuxindo dos modelos de dicción do verso español, segundo o traballado no obradoiro.
Do primeiro traballo derivará unha presentación oral. |