Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Medieval Galician and Portuguese Literature
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Aplicada á primeira sesión da disciplina, en que se expón o funcionamento da materia, a bibliografía básica recomendada, a metodoloxía das actividades avaliábeis, así como tamén se presentan ao alumnado as bases de datos e recursos que serán empregados. As actividades iniciais son moi útiles para coñecer as competencias e intereses que posúen os e as estudantes coa finalidade de articular a docencia e favorecer a aprendizaxe.
Guest lecture / keynote speech Exposición oral por parte da profesora que facilita a visión xeral do tema en cuestión, mais tamén permite a explicación de contidos recentes e novidosos que non están aínda incorporados nos libros e manuais. Estas exposicións orais compleméntanse co uso de recursos relacionados coas TIC, así como tamén se introducen nelas preguntas dirixidas ao estudantado coa finalidade de facilitar a aprendizaxe e incitar á reflexión. Estas sesións sérvenlle ao alumnado como preparación para a realización das prácticas.
Document analysis Lectura, análise e comentario de textos e paratextos de diversa tipoloxía.
Seminar Esta metodoloxía é moi útil para estudar con pormenor temas concretos nos grupos reducidos, pois permite a lectura de materiais, a discusión e a elaboración de documentos e conclusións que debe tirar todo o alumnado.
Glossary O alumnado debe confeccionar conxuntamente un glosario de termos poéticos e literarios. Esta actividade será realizada a través do Campus Virtual (esta plataforma contempla a realización de glosarios) e o alumnado terá de incluír a definición e exemplos dos termos fixados pola profesora e dos que eventualmente poidan aparecer nas aulas. O obxectivo é que no final do período lectivo o estudantado conte cunha ferramenta para a revisión dos conceptos de cara á realización da proba mixta, dos seus traballos e para o seu aproveitamento futuro. Esta actividade será iniciada nas sesións prácticas do subtema 4 (Poética e retórica trobadorescas).
Workbook Son de lectura obrigada as obras literarias que figuran como tal no apartado de Fontes da Información. O comentario de dous destes textos -fixados pola profesora- deberá ser entregado na data marcada e será obxecto de avaliación específica.
Serán tamén obxecto de lectura algunhas referencias de bibliografía secundaria que a profesora indicará expresamente na aula.
Oral presentation Consistirá na exposición dunha lectura sobre a Idade Media, previamente acordada coa profesora, e preferiblemente centrada no papel das mulleres no ámbito da Galiza/Portugal medieval e/ou na literatura medieval galego-portuguesa.
ICT practicals Nesta materia trátase do manexo de diversos recursos en rede e portais especializados para a aplicación práctica de coñecementos adquiridos nas sesións teóricas.
Mixed objective/subjective test Consistirá na realización dunha proba escrita relativa aos contidos do programa, e combinará exercicios de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes