Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A11 A14 A15 A20 B1 B3 B5 B6 B7 B9 C3 C6 |
Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado". A corrección lingüística, as estratexias e procedementos utilizados tanto para resolver eventuais problemas como para apresentar o traballo serán tamén obxecto de avaliación. |
30 |
Lecturas |
A1 A2 A10 A18 B7 |
Será avaliada a participación informada nas sesións presenciais onde serán abordados tanto os libros de leitura obrigatoria como os artigos ou capítulos e libro analisados. Da mesma maneira, serán obxecto de avaliación a qualidade da presentación dos conteúdos específicos, os materiais utilizados e o correcto cumprimento das tarefas encomendadas no decurso desas sesións. |
20 |
Presentación oral |
A11 B4 |
Para alén da utilidade da presentación para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do conteúdo, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipa. |
10 |
Recensión bilbiográfica |
A1 B3 B5 B8 C6 |
Na recensión bibliográfica será avaliada a capacidade do alumnado para a lectura analítica e crítica, a corrección lingüística, a clareza expositiva (coherencia e cohesión), a capacidade de síntese, a hierarquización de conteúdos e a adecuación de forma e fondo. |
10 |
Estudo de casos |
A1 A26 B1 B4 B7 B10 C3 C4 C6 |
Será avaliada a participación e o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polos docentes para cada actividade destas características. |
30 |
|
Observacións avaliación |
- Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará no Campus Virtual. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
- Se houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesorado responsábel pola materia através do Campus Virtual e/ou expostos na sala de aulas. O pessoal docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.
- Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que figuran no documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués en 6/7/2918 e publicado no Campus Virtual).
- Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotras autorías sen indicar a procedencia, copia en tarefas, traballos ou outras variábeis destas características) será penalizada de acordo coa normativa vixente na UDC. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a estudante. En caso de se producir algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). No xeral, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
- O estudantado repetidor, a tempo parcial ou con dispensa académica realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co/a docente. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co profesorado a través do correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado da materia.
- As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo. Para superar a materia nesta segunda oportunidade, o estudantado deberá realizar satisfactoriamente unha proba mixta (5 valores), unha recensión bibliográfica (1 punto) e aquelas leituras (2 valores) e estudos de caso (2 valores) que lle foren encomendados.
- O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro terá de contactar previamente co docente responsábel da materia e, para a superar, terá de realizar unha proba mixta (5 valores), unha recensión bibliográfica (1 punto) e aquelas leituras (2 valores) e estudos de caso (2 valores) que lle foren encomendados.
- Será considerado Non Presentado aquel alumnado que non entregar ningunha das actividades previstas neste guía.
- A materia pode ser adaptada para estudantes que precisen a adopción de medidas voltadas ao apoio à diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). Se necesario, é posíbel entrar en contacto cos servizos disponíbeis na UDC/ no Centro: coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) dentro dos prazos oficiais estipulados con antecedencia de cada trimestre académico; caso contrario, coa Tutora ADI da Facultade de Filoloxía (no e-mail: pat.filoloxia@udc.gal).
- De acordo co recollido nas diferentes normativas de aplicación para a docencia universitaria, esta materia incorpora a perspectiva de xénero. Será usada
linguaxe inclusiva e, na medida do posíbel, bibliografía producida
por persoas de diferentes identidades de xénero. Evitarase a
discriminación por motivos de xénero na participación do alumnado
en todos os procesos de ensino e aprendizaxe. Serán fomentados os
valores do respecto e da igualdade, e non será aceptadas nin a
reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Se
foren identificadas situacións de discriminación por razón de
xénero, serán propostas accións e medidas concretas para as
corrixir.
|