Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Subjects
  Galician Language Planning
   Personalized attention
Methodologies
Workshop
Guest lecture / keynote speech
Workbook
Oral presentation
Supervised projects
Description
Alén do labor de titorización no horario de atendemento marcado polo profesorado responsábel da materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente ao apoio á realización do "Traballo Tutelado". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á entrega do traballo.

A atención personalizada será especialmente relevante e necesaria no caso do alumnado a tempo parcial e con dispensa académica.

A cadeira poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa titora ADI da Facultade de Filoloxía (pat.filoloxia@udc.gal).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes