Para superar a materia o alumnado deberá conseguir unha cualificación global igual ou superior a 5 valores sobre 10, e deberá obter como mínimo 4 valores sobre 10 no traballo tutelado.
Recibirán a cualificación de non presentado os/as estudantes que non entregaren o traballo tutelado e/ou non fixeren a presentación oral.
Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo), o alumnado será avaliado co mesmo sistema da primeira oportunidade. De ser o caso, só deberá entregar aquelas actividades e traballos non realizados na primeira oportunidade ou que non atinxiron unha cualificación do 40% da nota máxima prevista para cada actividade ou traballo.
O alumnado a tempo parcial e con dispensa académica será avaliado de acordo con este sistema de avaliación: presentación oral (25%), traballo tutelado (50%) e lecturas (25%). As datas de entrega de traballos e realización da presentación oral serán definidas polo profesor con antecedencia suficiente.
Na convocatoria adiantada de decembro aplicarase o mesmo sistema de avaliación do alumnado a tempo parcial e con dispensa académica. O/a estudante deberá contactar o profesor antes de acabar o mes de novembro. As datas de entrega de traballos e a realización da presentación oral serán definidas polo profesor con antecedencia suficiente.
Tanto a presentación oral como o resultado das lecturas e o propio traballo tutelado deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle).
Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo/a mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña" (artigo 14.4). A falta de honradez académica no traballo titorizado ou noutro dos elementos de avaliación conlevará a reprobación da actividade concreta.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).