Se durante o curso se programase algún evento científico ou cultural que a profesora considerase de interese para o alumnado, a participación nel podería pasar a computar na avaliación, o que comportaría unha reestruturación das porcentaxes sinaladas, substituíndo a correspondente á asistencia ás sesións maxistrais.
O alumno levará a cualificación de Non Presentado se non realiza ningunha das actividades avaliables ou se só realiza unha, sempre que esta sexa a recensión ou a análise de fontes documentais. Se se presenta só a proba mixta, será avaliado.
Para ser considerado Aprobado na primeira oportunidade, o alumno deberá realizar todas as actividades propostas e obter en cada unha delas un mínimo de 5.
Na segunda oportunidade, o alumno deberá completar a entrega das actividades non realizadas ou suspensas e acadar a puntuación requirida; se o carácter da proba non o permite, deberá levar a cabo outra actividade similar que será indicada pola profesora. A entrega das actividades realizarase, xunto coa proba final, o día fixado oficialmente para esta última. Na convocatoria de novembro/decembro aplicaranse estes mesmos criterios.
O sistema de avaliación será obxecto de adaptación para os alumnos con dispensa académica. En virtude da diversidade de situacións posibles, no seu momento, de darse o caso, indicarase o sentido desta adaptación, de modo que aquelas sesións, probas etc. nas que non poidan participar sexan compensadas con outras.
Calquera falta de honradez académica (plaxio, é dicir, utilización de textos ou
ideas doutros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en
exames, ou outras actuacións similares) penalizarase de acordo co establecido na normativa
académica.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da
Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que
se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar
tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).