Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Lingua Inglesa 1 |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Inglesa 1 | Código | 613G03003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A15 A9 A6 B1 B3 B6 C2 | No exame oficial de xaneiro todo o alumnado deberá realizar unha proba mixta coas seguintes partes: gramática e vocabulario (20%) , comprensión auditiva (10%), comprensión lectora (15%), expresión escrita (15%). | 60 |
Presentación oral | A6 A9 A15 B4 B5 C2 | Todo o alumnado deberá realizar unha presentación oral nas aulas prácticas da profesora lectora sobre un tema que se indicará ao principio do curso. O alumnado deberá tamén responder preguntas da profesora e do resto de estudantes. 10 | 10 |
Traballos tutelados | A6 B3 B5 B6 C2 C2 | O "project" suporá un 10 por cento da nota final. Avaliarase a súa exposición oral gravada e a parte escrita así como o traballo realizado polo grupo ao longo do cuadrimestre. | 10 |
Portafolios do alumno | A6 A9 A15 B3 B6 | No portafolios avaliaremos un glosario (10%) e algunhas tarefas de práctica realizadas ao longo do curso (10%). | 20 |
Observacións avaliación | |||
IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma do exame final, o traballo tutelado, a presentación oral e o portafolios deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima do exame final e da presentación oral non poderá ser inferior a 4, aínda que a nota media total sexa 5 ou máis. Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, utilización indebida de IA, etc.) penalizarase coa cualificación de 0 (Suspenso) na convocatoria (1ª e 2ª oportunidades), de acordo co establecido no artigo 11, 4b do "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC". Para detectar o plaxio poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada (máximo retraso: 5 días). Os/as alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xaneiro ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non presentaron o traballo tutelado, o portafolios ou a exposición oral. As posibles tarefas de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuadrimestre poderán supoñer ata un 5% extra na nota final. Isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado, ou proposta polo alumnado e aceptada polo profesorado. AVALIACIÓN XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 en cada un dos bloques especificados arriba (aínda que a nota media sexa superior a 5) terán que ir á oportunidade de xullo, na que poderán recuperar as partes suspensas segundo a seguinte distribución de porcentaxes: proba mixta (60%), entrevista oral coa profesora para recuperar a presentación oral (10%), traballo tutelado (10%), actividades prácticas variadas para recuperar a parte de portafolio (20%). Daranse instrucións detalladas sobre estas actividades ao finalizar o segundo cuadrimestre. O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, poderá ser avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios da segunda oportunidade de xullo. Atención á diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ). Igualdade de xénero: Nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores y de autoras e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas por igual. Do mesmo xeito, procurarase identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas así como fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.
|
|