Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Lingua Inglesa 2 |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Lingua Inglesa 2 | Código | 613G03008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba oral | A6 A9 A15 B4 B5 C2 | O alumnado realizará unha proba oral ao final do cuadrimestre na que deberá amosar as súas competencias comunicativas en lingua inglesa. Se ao longo do cuadrimestre un alumno ou alumna acada máis dun 5 sobre 10 na avaliación continua das suás competencias de expresión oral, non terá que facer a proba final. |
15 |
Proba práctica | A6 A9 A15 B6 B3 | O alumnado realizará diferentes tarefas prácticas ao longo do semestre. | 25 |
Proba mixta | A6 A9 A15 B1 B3 B6 C2 | No exame oficial de maio-xuño todo o alumnado deberá realizar unha proba mixta na data oficial do exame. | 60 |
Observacións avaliación | |||
IMPORTANTE: Para superar a materia, a calificación de cada unha das probas avaliables deberá ser 5 sobre 10 (proba oral, proba mixta e proba práctica). Non se admitirán os traballos entregados fora de prazo sen causa debidamente xustificada. Os estudantes que non se presenten o día da proba mixta oficial acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso. Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC": Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. OPORTUNIDADE de XULLO: No caso de non superar algunha das actividades de avaliación na primeira oportunidade, deberase repetir na segunda oportunidade segundo a seguinte distribución de porcentaxes: proba oral (15%), proba mixta (60%) e unha tarefa equivalente ás probas prácticas (25%). O alumnado que se presente á convocatoria adiada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Alumnado con recoñecemento de DISPENSA ACADÉMICA: Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017): 1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento. Atención á DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro. Igualdade de XÉNERO: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e de autoras, e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Do mesmo xeito, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, así como fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|