Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Literatura Inglesa 1 |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Inglesa 1 | Código | 613G03010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A6 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 | Consistirán en dúas redaccións argumentativas breves escritas en clase nas que cada estudante demostrará a súa habilidade para interpretar textos de xeito independente e para escribir análises ben organizadas, coherentes e cohesionadas, así como a súa capacidade no uso da lingua inglesa. | 40 |
Discusión dirixida | A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 | É obrigatorio facer as lecturas asignadas para cada día e resolver as posibles dúbidas de vocabulario antes de ir a clase. O/A estudante que non teña feitas as lecturas antes das clases deberá facelo na aula, perdendo a oportunidade de participar nas actividades da clase e de obter a puntuación que estas outorguen. As actividades de clase poden consistir en exercicios orais e escritos, individuais ou en grupo, tales como facer resumos, análises, debatir, interpretar, identificar, etc. |
20 |
Proba mixta | A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 | No exame final o alumnado deberá demostrar o seu dominio dos contidos teóricos e das destrezas practicadas nas aulas. Este exame consistirá en preguntas breves (p. ex., definicións de termos críticos e períodos, identificación de fragmentos dos textos estudiados, análises, etc.). | 40 |
Observacións avaliación | |||
• A segunda oportunidade de avaliación en xullo consistirá nas seguintes seccións, que se realizarán na data oficial do exame final: 1) un exame escrito con un deseño idéntico ao do exame final na primeira oportunidade, e que computará o 40% da nota; 2) un ensaio argumentativa sobre as lecturas feitas durante o cuadrimestre, que substituirá ás seccións "Traballos tutelados" e "Discusión dirixida" da primeira oportunidade e que computará o 60% da nota. • Un aprobado obtense a partir dunha nota de 5 sobre 10. Sen embargo, na primeira oportunidade de avaliación, deberase obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na “Proba mixta” para poder superar a materia. Na segunda oportunidade, deberase obter esta mesma nota mínima na sección 1 da avaliación. Cualificación de suspenso naconvocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia enque se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (notanumérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidadecomo na segunda. Para isto, procederase a modificar a súacualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. • Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos. DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ). -Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, entre outras medidas). -Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas einfluirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto eigualdade. -Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse acciónse medidas para corrixilas. |
|