Lecturas |
Ademáis da lectura de textos (literarios, de revistas, de xornais...) nesta materia entendemos por lectura todo o material que o alumnado deberá ler/consultar fóra da aula para a adquisición e asimilación dos contidos e para a realización das actividades da materia. |
Proba oral |
Proba en que se avalían as competencias comunicativas do alumnado mediante unha pequena conversa ou entrevista individual. Os-as estudantes terán tamén que ler un texto en voz alta e improvisar situacións suxeridas polo-a profesor-a responsable da proba, que poderá usar textos ou material audiovisual de apoio. |
Actividades iniciais |
Primeira toma de contacto coa materia, na que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado e sobre as súas competencias de partida en lingua francesa, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado. |
Solución de problemas |
Nesta materia chámase solución de problemas as aulas e actividades relacionadas coa gramática e coa práctica da comprensión lectora e da expresión escrita.
MOI IMPORTANTE: a realización e o aproveitamento destas actividades é fundamental nesta materia, pois é nelas onde se aplican efectivamente as destrezas e os coñecementos adquiridos. Ademáis das actividades que se leven a cabo durante as clases, normalmente por cada sesión presencial de clase o alumnado deberá realizar unha actividade (exercicio de gramática, redacción, resumo, tradución…).
Estas actividades teñen asignada unha porcentaxe moi importante da nota final da materia (ver apartado Avaliación). |