Para superar a materia, a suma da proba mixta final, a presentación oral e o portafolios deberá ser 5 sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima proba mixta final deberá ser de 4 puntos sobre 10.
Calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, utilización indebida de IA, etc.) penalizarase coa cualificación de 0 (Suspenso) na convocatoria (1ª e 2ª oportunidades), de acordo co establecido no artigo 11, 4b do "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC". Para detectar o plaxio poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante.
Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada (máximo retraso: 5 días).
Os/as alumnos/as que non se presenten o día da proba de xaneiro ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron a presentación oral ou o portafolios.
AVALIACIÓN XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 na proba mixta (aínda que a nota media sexa superior a 5) terán que ir á oportunidade de xullo, na que poderán recuperar as partes suspensas segundo a seguinte distribución de porcentaxes: proba mixta (50%), presentación oral (25%) e tarefa equivalente ao portafolios (25%). Se publicarán instrucións específicas para esta oportunidade ao rematar o cuadrimestre.
O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, poderá ser avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios da segunda oportunidade de xullo.
Atención á diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).
Igualdade de xénero: Nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores y de autoras e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas por igual. Do mesmo xeito, procurarase identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas así como fomentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.