Guía DocenteCurso Facultade de Filoloxía |
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios |
Asignaturas |
Cuestións de Lingua Inglesa |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Cuestións de Lingua Inglesa | Código | 613G03031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Seminario | A17 B2 | Lectura e análise de textos relevantes na aula, exercicios, actividades, etc, xunto coa asistencia a clase. | 20 |
Proba mixta | A20 | Proba escrita sobre todos os contidos do curso | 40 |
Traballos tutelados | A1 A3 A11 B3 B5 B6 B7 | A natureza e número de traballos se especificará ao principio do curso. Proporcionaranse instrucións claras coa debida antelación. | 40 |
Observacións avaliación | |||
IMPORTANTE Para superar a materia requírese un mínimo de 5 sobre 10 na nota final, tendo en conta que a calificación mínima de cada unha das partes no poderá ser inferior a 4. Ademais, para superar a materia, o alumnado debe completar polo menos o 50% dos traballos. Segundo a modificación do apartado 4b do artigo 11 do Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, a/o estudiante que cometa calquera falta de honradez académica (plaxio, copiar en exames, etc,) será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a sua cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Para detectar o plaxio poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante. O alumnado que non se presente o día do exame oficial obterá a cualificación de NP, se entregou menos do 50% de traballos durante o curso. OPORTUNIDADE DE XULLO O alumnado poderá volver a examinarse das partes que teña suspensas. A distribución de porcentaxes será a mesma: exame (40%)/ traballo tutelados (60%). Os traballos da segunda oportunidade poderán ser diferentes aos realizados ao longo do curso. Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Atención á diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio ádiversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionadacoa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade (ADI) https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ );no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ). Perspectiva de xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autora/es de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnas e alumnos...) Traballarase para identificar e modificar prexuizos e actitudes sexistas e ingluirase na contorna para modificalo e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |
|