Na oportunidade de xullo o estudantado realizará un traballo sobre os textos de estudo (4-6 páxinas, 50% da nota) e un exame (50% da nota). O alumnado que ao longo do curso presentara traballos satisfactoriamente non ten que presentar ningún traballo adicional na segunda oportunidade.
A aplicación Turnitin será utilizada para verificar aorixinalidade dos traballos non feitos na aula. Turnitin detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra o plaxio ( Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario ).
O alumnado que non se presente a algunha das probas obxectivas da primeira ou segunda oportunidade acadará a cualificación de Non Presentado se non entregou máis do 50% das actividades avaliables durante o curso.
O alumnado oficialmente matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica será avaliado en calquera oportunidade segundo os criterios especificados para a segunda oportunidade.
O estudantado que se presente á convocatoria adiantada de decembro availarase segundo as normas da oportunidade de xullo.
Diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ );no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.