Obradoiro |
A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C4 |
Serán realizadas na sala de aulas actividades de diferente tipoloxía e con variados obxectivos (con foco no léxico, na gramática, na fonética, ...) destinadas a aumentar a capacidade comunicativa, nomeadamente oral, d@s estudantes. |
10 |
Presentación oral |
A8 A15 B4 B7 C2 |
Para alén da avaliación do desempeño oral demostrado na sala de aulas, @s estudantes terán de realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. |
20 |
Traballos tutelados |
A8 A10 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C2 C4 |
Serán avaliadas a corrección lingüística e as estratexias e procedementos argumentativos utilizados nos textos escritos, e tamén a participación ao longo dos traballos realizados nas sesións presenciais destinadas ao efecto e os resultados das actividades non presenciais encomendadas. O dominio dos conteúdos focados e os resultados atinxidos canto á consecución dos obxectivos procurados no proceso de ensino-aprendizaxe será igualmente obxecto de avaliación.
Será valorizada especialmente a aprendizaxe colaborativa. |
20 |
Todas
as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos
prazos e os procedementos fixados no cronograma que o
profesorado fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e
pendurará no Campus Virtual. As actividades entregadas fóra do
prazo marcado non serán obxecto de avaliación. Para superar a
materia, o alumnado deberá atinxir unha cualificación igual ou
superior a 5 puntos sobre 10. Igualmente, na proba mixta deberá
obter como mínimo 4 valores sobre 10, para poder sumar os restantes
elementos avaliábeis.
Todas
as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas
de corrección lingüística (ortografía, puntuación,
concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión
léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias
lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación segundo os criterios que figuran no documento
"Exixencias mínimas de corrección lingüística"
(aprobado pola Sección de Galego-Portugués en 6/7/2918 e publicado
no Campus Virtual). Calquera
falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos
ou ideas dotras autorías sen indicar a procedencia, copia en
tarefas, traballos ou outras variábeis destas características)
será penalizada de acordo coa normativa vixente na UDC. Os
traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao
Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de
traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades,
incluso polo/a mesmo/a estudante. En caso de se producir algunha
destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas
contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da
Universidade da Coruña (artigo 14.4). No xeral, a realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0"
na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara
a convocatoria extraordinaria.
O
estudantado repetidor, a tempo parcial ou con dispensa académica
realizará ou entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente co/a docente. Este alumnado deberá realizar
e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non
puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co
profesorado a través do correo electrónico no inicio do curso.
Aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas
debe tamén contactar co profesorado da materia.
O
alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro
terá de contactar previamente co/a docente responsábel e, para
superar a materia, realizar a proba mixta (5 valores), unha proba
oral (apresentación oral; 2 valores) e aqueles traballos
tutorizados (3 valores) que lle foren encomendados.
Se
houver criterios específicos de avaliación para algunha das
tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo
profesorado responsábel pola materia através do Campus Virtual
e/ou expostos na sala de aulas. O pessoal docente fornecerá,
igualmente, as oportunas instrucións para o correcto
desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.
As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación
continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo. Para
superaren a materia nesta segunda oportunidade, o estudantado
deberán aprobar (5 valores sobre 10) aquelas probas (orais e/ou
escritas) marcadas polo profesorado responsábel e que serán
realizadas na data fixada ao efecto pola Facultade de Filoloxía.
Igualmente, deberán ser realizadas satisfactoriamente todas aquelas
tarefas non superadas na oportunidade anterior xuntamente con
aqueles outros traballos que foren agora solicitados.
Será
considerado Non Presentado aquel/a estudante que non se
presentar á proba mixta ou non entregar ningunha das actividades
previstas neste guía.
A
materia pode ser adaptada para estudantes que precisen a adopción
de medidas voltadas ao apoio
à
diversidade
(física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
coa saúde mental). Se necesario, é posíbel entrar en contacto cos
servizos disponíbeis na UDC/ no Centro: coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/) dentro dos
prazos oficiais estipulados con antecedencia de cada trimestre
académico; caso contrario, coa Tutora ADI da Facultade de Filoloxía
(no e-mail: pat.filoloxia@udc.gal).
De
acordo co recollido nas diferentes normativas de aplicación para a
docencia universitaria, esta materia incorpora a perspectiva
de xénero
nos seus contidos e organización. Será usada
linguaxe inclusiva e, na medida do posíbel, bibliografía producida
por persoas de diferentes identidades de xénero. Evitarase a
discriminación por motivos de xénero na participación do alumnado
en todos os procesos de ensino e aprendizaxe. Serán fomentados os
valores do respecto e da igualdade, e non será aceptadas nin a
reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Se
foren identificadas situacións de discriminación por razón de
xénero, serán propostas accións e medidas concretas para as
corrixir.
|