Queda expresamente prohibido
o uso de dispositivos móbiles na aula sen autorización previa.
Recomendacións para o correcto seguimento da
materia
- O alumnado deberá planificar o seu traballo ao longo de
todo o curso seguindo a materia de forma continuada e realizando as
tarefas indicadas en tempo e forma correctas.
- O esforzo continuo permitiralle levar a materia de
forma cómoda, consolidar os novos coñecementos apoiándose nos anteriores e
asumir un ritmo de traballo axeitado seguindo as pautas e indicacións do
profesor.
- O estudo individual da materia deberá ir ao mesmo tempo
co temario e actividades que se desenvolvan na aula.
- Recoméndase un mínimo de 4 horas de traballo autónomo
por cada 3 horas presenciais.
- Dada a complexidade do idioma alemá para alumnos/as
hispanofalantes recoméndase especialmente que se leve unha asimilación e
estudo dos conceptos adecuado para evitar as présas e falta de tempo a
final de curso.
- Recomendase a asistencia á titorías personalizadas ao
longo do curso para resolver problemas ou dúbidas individuais.
Espérase do alumnado:
• Activa e regular asistencia e participación na aula.
• Traballo constante e preparación previa e posterior das clases.
• Lectura da bibliografía recomendada.
Medidas de apoio á diversidade (ADI)
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que requirida
adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade.
Poderán pedir asesoramento ao profesorado, á persoa responsable da Facultade e/ou á Unidade de Atención á Diversidade(ADI):
http://www.udc.es/cufie/adi/ (tel. 881015622; email: adi@udc.es).
Deberán contactar cos servizos dispoñibles nos prazos oficiais estipulados
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).
Normativa en materia de igualdade
Da cordo coa normativa en
materia de igualdade, nesta materia aplícase a perspectiva de xénero mediante
linguaxe non sexista e inclusivo, bibliografía de autores/as de ambos os sexos,
etc. Así mesmo fomentaranse valores de respecto e igualdade e en caso de
detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, adoptaranse as
accións e medidas necesarias para corrixilas |