Prácticas a través de TIC |
A5 A10 B1 B13 B16 B17 B22 |
As prácticas da materia consistirán en diferentes actividades relacionadas co uso de clouds públicos (AWS e Azure), a programación de aplicacións Map/Reduce e a implantación de clous privados con OpenNebula. É preciso aprobar (nota igual ou superior ao 50%) tódalas prácticas da asignatura. |
40 |
Co traballo obrigatorio que ten que realizar o alumno (probas obxectivas e prácticas obrigatorias) pode conseguirse ata un 80% da nota total da materia. O 20% restante pode conseguirse realizando un traballo tutelado opcional. Para a segunda oportunidade (convocatoria de xullo) haberá unha segunda data de entrega das prácticas e traballos tutelados, non máis tarde da data oficial de exame. Os estudantes con matrícula a tempo parcial poderán seguir a materia sen problemas, xa que a realización das prácticas avaliables non require presencialidade. FRAUDE No caso de detectarse algunha fraude nas probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na normativa da universidade.
En concreto, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|