Proba mixta |
A5 A12 B1 B2 B3 B5 B6 B8 B17 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
A nota máxima será de 4 puntos sobre o total de 10 da materia.
A proba consiste nun exame final que tratará sobre os conceptos teóricos e sobre a asimilación práctica da materia. É necesario obter unha nota mínima de 1,5 (sobre 4) para aprobar a materia. Se non se supera a nota mínima na proba mixta, a nota total máxima da materia será como moito de 4,5 puntos. A proba pódese repetir na segunda oportunidade. |
40 |
Na primeira oportunidade terá calificación de NON PRESENTADO o estudante que non realice a proba mixta.
Na segunda oportunidade pódese recuperar só a proba mixta, só as prácticas ou ambas as dúas partes, de maneira que as notas desta oportunidade sustitúen sempre ás da primeira. Terá calificación de NON PRESENTADO o estudante que non recupere ninguna das partes pendentes.
DISPENSA ACADÉMICA:
Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases, deberán contactar cos docentes para determinar as condicións de realización das prácticas e dos traballos tutelados.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario
|