As prácticas acordaranse coas empresas e cos centros de investigación que as ofrecen (que xa asinaron un convenio de colaboración), de xeito que se cumpra o requisito de que os proxectos nos que están integrados axuden a completar a súa formación nalgunha das materias obrigatorias ou optativas cursadas e que lles permiten manter un contacto directo coa realidade do mercado. |
Cada estudante terá un programa de traballo individual no ámbito do mestrado, definido poloa titoría na institución de acollida e validado polo titoría académica Os pasos principais poden incluír un subconxunto dos seguintes, segundo as necesidades específicas do proxecto:
-Revisión do estado da técnica;
-Análise de solucións potenciais;
-Proposta/Desenvolvemento dunha solución;
-Análise crítica da solución proposta/desenvolvida;
Ao final, o alumno producirá sempre un informe escrito do traballo realizado. |