A materia pretende dar unha visión xeral do Proceso Software, de
maneira que o alumno comprenda a importancia da aplicación rigurosa
de dito proceso tanto para a satisfación das necesidades do
usuario/cliente como do posterior mantemento do producto obtido. Por
este motivo, durante o curso introduciranse numerosos conceptos que
requerirán un posterior afrondamento en función da especialidade
elixida polo alumno. Os
profesores
facilitarán, na medida do posible e dentro dos horarios
establecidos para a
materia, a asistencia aos grupos de teoría, práctica e TGR que
mellor se
axusten ás necesidades dos alumnos que teñen a matrícula a tempo
parcial. Finalmente, e dada a
importancia que a perspectiva de xénero debe de ter na Ensinanza
Superior de acordo coa lexislación vixente, levarán a cabo as seguintes
accións: -Segundo se recolle nas distintas
normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase
incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...) -Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. -Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. |