Teaching GuideTerm
Faculty of Computer Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Intelixencia Artificial
 Subjects
  Signal Acquisition and Processing
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Laboratory practice A7 B2 B5 B7 B10 C2 C3 Avaliación mediante controis nas clases de prácticas (10) e mediante a entrega de prácticas (30). 40
Objective test A7 B2 B5 B7 C3 Avaliación final de coñecementos teóricos e prácticos e de resolución de problemas que se realizará o día fixado no calendario de exames 50
Problem solving A7 B2 B5 B7 C2 C3 Avaliación mediante controis (tests ou respostas curtas) nas clases de problemas ou de teoría. 10
 
Assessment comments

Para aprobar a materia tense que cumprir que: nota final maior ou igual que 5, tendo un mínimo de 2 puntos na proba obxectiva. Se non se obtén devandito mínimo de 2 puntos, a nota máxima final será igual a 4.

Na segunda oportunidade unicamente reavalíase a proba obxectiva de teoría-problemas (5 puntos) e os controis (2 puntos). Para a nota da entrega de prácticas realizadas con hardware (3 puntos) mantense a que se obtivese durante o curso.

Para a oportunidade adiantada de avaliación manteranse os mesmos criterios que para a segunda oportunidade do curso anterior.

Os criterios e actividades de avaliación así como a puntuación establecida para o estudantado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de docencia serán os mesmos que os esixidos ao resto do alumnado agás os tests que serán avalados xunto coa proba obxectiva. Neste caso, a complexidade e contido das avaliacións serán similares aos establecidos para o resto de estudantes.

Detección de plaxios ou copia de traballos: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes