Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de congresos e convencións
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Facilitaranse como máximo aos alumnos/as da modalidade presencial dous textos ou lecturas como complemento ás sesións maxistrais. O obxectivo destas é xerar discusión, fomentar a participación activa do alumno/a e resolver as cuestións que se formulen. O idioma das devanditas lecturas poderá ser o inglés ou o castelán.
As lecturas deberán ser desenvolvidas e debatidas por todolos estudantes ao longo das sesións maxistrais.
Traballos tutelados Elaboración dun traballo en grupo relacionado coa materia en cuestión, onde o alumno/a deberá ser capaz de organizar un congreso de turismo nun destino, cuxa temática e lugar quedarán a elección deste. Para iso deberán de crearse entre dous e cinco grupos de traballo, ainda que o número de grupos definitivo dependerá dos estudantes matriculados na materia.
Durante a impartición das sesións maxistrais levarase a cabo a tutorización correspondente ao traballo desenvolvido, así como o seguimento da labor levada a cabo polos diferentes grupos.
Os traballos deberán expoñerse en público nas datas establecidas.
Presentación oral Os diferentes membros do grupo deberán expoñer o traballo tutelado como xa se ten especificado na metodoloxía anterior. Aspecto que será valorado na nota final.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais da súa contorna coa fin de melloralo. Plantexarase aos alumnos/as matriculados/as a materia a posibilidade de participar nunha actividade aprendizaxe-servizo con alguna entidade colaboradora. O alumno/a poderá escoller entre a actividade aprendizaxe-servizo ou o traballo tutelado, é dicir esta actividade e a anterior son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas.
Sesión maxistral Explicación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, a través de medios audiovisuais (power point) e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a súa aprendizaxe.
Todos os estudantes terán acceso a este material a través das plataformas campus virtual ou Teams.
A asistencia a clase para os estudantes da modalidade presencial será obrigatoria polo que se computará a efectos da nota final.
Como parte das sesións maxistrais poderase organizar unha saída externa para coñecer in situ o funcionamento dalgunha empresa relacionada coa organización de eventos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes